
Asociación Veciñal Xerme
25 DE MARZO
TODAS E TODOS SOMOS CONSCIENTES DA IMPORTANCIA DE TER UNHA BOA ALIMENTACIÓN PERO... SABÉMOLO TODO? O AVANCE TECNOLÓXICO NON SEMPRE NOS AXUDA A MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA E CONVÉN MANTERNOS INFORMADAS E INFORMADOS DE COMO ISO PODE INFLUÍR NA DIETA DIARIA.
Todos os sábados do mes de abril, no Centro Cultural Xerme, adicarémonos a falar da alimentación e contaremos coa opinión de expertos para coñecer qué perigos nos rodean neste tema.
Pronto publicaremos máis información sobre a I Xornada (sábado 6 de abril) que terá como tema principal "A Soberanía Alimentaria".
25 DE MARZO
A Xunta Directiva Xerme quere animarvos a que participedes nas actividades que se están a impartir. Pronto teremos novas sobre o teatro.
22 DE FEBREIRO
A Xunta Directiva Xerme vai pór en marcha unha nova e interesante iniciativa: a recuperación do patrimonio toponímico do noso pobo. Para iso, vanse organizar varios roteiros pola parroquia onde percorreremos os distintos barrios de Cabreira para ir recollendo toda a información que nos sexa posible. Tentarase recopilar nomes de fontes, regatos, camiños, carreiros... e, se é posible, vellas lendas, contos e mitos que as nosas e nosos maiores nos poidan proporcionar.
5 DE FEBREIRO
O bar social está xa alugado! Pronto anunciaremos a data de apertura pero, por agora, está pasando por unha pequena reforma polo que se manterá pechado. Un saúdo e disculpade as molestias.
30 XANEIRO 2013
27 DECEMBRO 2012
Poxa do Bar Social
A Directiva da Asociación Veciñal Xerme informa que o bar social está a subasta. O prazo para presentar ofertas remata o 31 de xaneiro do 2013. A poxa farase a sobre pechado.
Os interesados achégádevos ao Centro Cultural.
01 XANEIRO 2013
Novas actividades
Para comezar o ano con enerxía e co ánimo de volver ter actividade na nosa parroquia, a Xunta Directiva da Asociación Veciñal Xerme quere pór en marcha unha serie de actividades no centro cultural de Cabreira.
ACTIVIDADES:
- Gaita
- Pandeireta
- Baile galego
- Teatro
- Pilates
Estas actividades foron elexidas acorde ás vosas enquisas recibidas na última semana. Moitas gracias a todas e todos que nos trasladaron as súas ideas, pois foron de gran axuda. Se aínda non entregaches a túa, estás a tempo de facelo introducíndoa no buzón de Xerme.
Para anotarse tan só tedes que mandar un correo electrónico a av.xerme@gmail.com ou poñéndovos directamente en contacto coa directiva (por teléfono ou personalmente).
Un saúdo e animádevos!!
15 DECEMBRO 2012
Asamblea Xeral Ordinaria.
A Directiva da AAVV Xerme de Cabreira convoca a tódolos seus socios á Asemblea
Xeral Ordinaria que se celebrará o vindeiro sábado día 15 de decembro de 2012 ás
21:00h en primeira convocatoria, e ás 21:30h en segunda convocatoria, no Local Social
do Río coa seguinte orde do día:
• Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.
• Presentación da Nova Xunta Directiva.
• Comentario histórico da Asociación.
• Situación actual de socios.
• Estado de contas.
• Plan de traballo anual.
• Senda do río Caselas e restauración do muiño.
• Rogos e preguntas.
Recordando a importancia da túa asistencia á Asemblea, recibe un cordial saúdo da
Xunta Directiva.
28 NOVEMBRO 2012, 21:00h
Reunión da Xunta Directiva con D. Arturo Grandal no Concello.
Tratarase de trasmitirlle ao alcalde do noso concello o plan de traballo ideado pola directiva co fin de conseguir un apoio moral e económico para determinadas tarefas que así o requiren.
Novas







Asociación Veciñal Xerme de Cabreira