top of page

Quen somos...?

A Asociación de Veciños Xerme nace en Cabreira o 15 de outubro de 1976, tras unha reunión no barrio de San Roque na que se trataba, como único punto, "a cantidade de problemas que tiña a parroquia de Cabreira, tales coma a ensinanza, garderías, etc.", e así o recolle a acta fundacional. 



Desde entón, esta asociación sempre se caracterizou por prestar o seu apoio a todos os veciños e veciñas asesorando e traballando para combater distintas dificultades polas que pasou a parroquia. Entres elas, poderianse destacar a intensa loita que tivo lugar no ano .... onde o pobo reclamaba a construcción de dúas pontes na carretera PO-410 ao seu paso por Cabreira, e así o conseguiu; ou a forte campaña levada a cabo no ano 2003 co eslogan "Cabreira cheira" para reclamar un Rió Caselas limpo.

Pero non todo foron batallas pois, esta asociación sempre tivo unha importante aposta cultural, tal como o teatro, música, baile galego... da cal todos e todas fomos partícipes.



E así ha de seguir porque o pobo o reclama.

 



 



 







Asociación Veciñal Xerme de Cabreira

bottom of page