top of page

A nosa parroquia... Cabreira!

Cabreira é unha pequena parroquia duns 450 habitantes, situada ao oeste do concello de Salvaterra de Miño e linda coas parroquias de Arantei, Alxén e concello de Salceda de Caselas, do cal recibe o río que a atravesa.  Contamos con vinte e seis barrios entre os que podemos destacar:  

  • - Barrio da Poza; onde se sitúa a igrexa parroquial de San Miguel.
  • - Barrio de San Roque; no que podemos atopar a Capela de San Roque.
  • - Barrio do Río  no cal ten a parroquia o Centro Cultural e unha zona recreativa .

A parroquia conta cun preciado río chamado Caselas que nos deixa ao seu paso moitas fermosas zonas  de disfrute. Antigamente, o Río Caselas convertíase na zona de baño de todos e todas nós na época estival. Porén, sempre foi un motivo de loita e sacrificio mantelo limpo e vivo.



 

Asociación Veciñal Xerme de Cabreira

bottom of page