top of page

Curiosidades

































- Relato de Jesús Presa Vaqueiro sobre Cabreira:





Un politico con chapeu sentiuse importante ata o punto de non descubrirse diante das donas, ollar altivo ao ceo frente os que consideraba inferiores á súa condición, ou calalo baixo tapando os ollos para negar soberbio a verdade dos seus actos.


Pero o que sementa orgullo adoita recoller indiferenza, en nun intre apenas, as parroquias volvéronlle as costas e de súpeto as súas manifestacións de superioridade perderon fol porque non tiña, a forza de soidade, contra quen exercelas. Un día paseando por Cabreira abandonou o seu chapeu e con el desfíxose tamén daquelas mañas e achegou o seu talante a sua xente, mirándoa de fronte e utilizando aquel protocolo que di bos días pola mañá e boas noites cando se pon o sol no inverno, sen mentir nunca, nin negar as consecuencias dos seus actos. Aquel home era Charles Chaplin e aínda que este feito non está documentado en ningún sitio tampouco existe a certeza de que non fose deste xeito; o que si é certo é que Charlot nunca máis foi político porque se adicou a tarefas mais dignas sendo un respectable pallaso, o máis grande entre os cómicos e o seu chapeu aínda se pode ver pola parroquia coidadosamente pendurado na toponimia no lugar.

Acta Fundacional da AAVV Xerme

- OS TIGRES DE CABREIRA



Atopamos no Centro Cultural Xerme este documento gráfico e sentimos a necesidade de compartilo con todas e todos vós. Esta foto é dun campionato de fubito do 78 e esta equipa facíanse chamar "Os Tigres de Cabreira". 





Asociación Veciñal Xerme de Cabreira

bottom of page